|
Este derradeiro fin de semana de xuño, os días 26 e 2, terá lugar en Ribadeo a III edición do torneo Vila de Ribadeo, de fútbol sala feminino. Un ano mais o Ribadeo FS organiza este torneo en 4 categorias: Alevín, infantil, cadete e senior. Na categoria alevín competirán o Ribadeo FS, o CP Casas de Lugo e o Viaxes Amarelle de Coruña En infantiles os participantes son: Ribadeo FS, VC Valladares de Vigo, Hirukide-Orixe de Tolosa, Os meigallos de Sarria e Viaxes Amarelle Na categoria cadete: Ribadeo FS, Valladares, Viaxes Amarelle e Viveiro FS Mentras que na categoria senior, haberá 4 grupos de cada equipo cada un, no que os dous primeriso pasaran a cuartos de final que se disputan o domingo dende as 10 da maña no pavillón novo. Os grupos son os seguintes: GRUPO A - Las domingueras (Boiro), A Pastoriza, Friol e Pincho Moruno (Vigo) GRUPO B - Terra Cha (Xermade), FSF Guntin, Viaxes Amarelle (A Coruña) e VC Valladares (Vigo) GRUPO C - O Chicaro (Foz), FSF Lucense, Tapia CF e Cafeteria Glorieta (Vigo) GRUPO D - Ribadeo FS, AmistadSniace (Torrelavega), Oviedo Suena (Oviedo) e Sporting Cambré (Coruña) O torneo comezará o sábado ás 09:30 no Pavillón novo e no CEIP Gregorio Sanz, comezando ás 10 no Pavillón vello, onde durante trodo o sabado se xogarán as fases de grupo, comezando as finais o domingo dende as 16:30 ás 20:30 nasdiversas categorias no pavillón novo.
|